"Luís I" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 30.
-
PERSOEIRO
Xeneral francés, fundador da rama Borbón-Condé. Calvinista convencido, foi un dos máximos dirixentes hugonotes. Participou na conxuración de Amboise, feito polo que foi condenado a morte, pero a morte de Francisco II (1560) salvoulle a vida. Foi vencido en Jarnac (1569) e asasinado polo duque de Anjou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre e militar. Cuarto príncipe de Condé, chamado o Gran Condé. Aos vinte e dous anos era xa comandante do exército que combateu contra os españois na fronteira norte, derrotándoos en Rocroi (1643). Para afastalo de Francia durante a minoría de idade de Luís XIV, Mazzarino nomeouno vicerrei de Catalunya pero fracasou no ataque a Lleida (1647). A derrota que infrinxiu os españois en Lens (1648) favoreceu os tratados de Westfalia. Durante a Guerra da Fronda, primeiramente combateu a revolta dos parlamentarios (1648-1649); despois, resentido polo poder de Mazzarino, encabezou a Fronda dos príncipes e un dos seus exércitos contra París, aínda que derrotado por Turenne (1652). Fuxiu de Francia e pasou a servir aos españois, cos que obtivo a vitoria de València (1656) contra os franceses. En 1658 foi derrotado nas Dunes por Turenne. A raíz da Paz dos Pireneos (1659) foi perdoado por Luís XIV. Participou despois na Guerra da Devolución e na de Holanda. Finalmente residiu en Chantilly.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francés, duque de Montpensier. Baixo a rexencia de Catarina de Medici foi un dos líderes do partido católico e xefe do exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de España (1724), primoxénito de Filipe V e de María Luísa Gabriela de Savoia. Príncipe de Asturias desde 1709, casou con Luísa Isabel, filla do rexente de Francia (1722). Accedeu ao trono trala abdicación de Filipe V, pero morreu pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ludovico Pío.
-
PERSOEIRO
Rei titular de Nápoles (1382-1384) e conde de Provenza (1382-1384), fillo de Xoán II de Francia. Durante a minoría de idade do seu sobriño Carlos VI de Francia, exerceu a rexencia. Investido como rei de Nápoles polo Papa Clemente VII, intentou derrotar a Carlos III de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Baviera (1825-1848), fillo de Maximiliano I Xosé. Mantivo unha política liberal que se modificou cara a posicións reaccionarias. Apoiou o desenvolvemento da cultura e acadou importantes melloras na economía. Namorouse da bailarina e actriz Lola Montes o que provocou o descontento popular e o obrigou a abdicar no seu fillo Maximiliano II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Etruria (1801-1803) e infante de España, fillo de Fernando I de Parma. Aceptou o trono do Reino de Etruria, creado por Napoleón. Durante o seu breve reinado, Etruria permaneceu ocupada polos franceses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Flandres, Nevers e Rethel (1322-1346). Derrotou os flamengos en Cassel (1328), coa axuda do seu sogro, Filipe IV de Francia. No comezo da Guerra dos Cen Anos (1336), ordeou o peche do comercio con Inglaterra, o que provocou unha gran crise económica e a insurrección dos cidadáns. Fuxiu a Francia e morreu na Batalla de Crécy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ludovico Pío.
-
PERSOEIRO
Rei de Holanda (1806-1810), irmán de Napoleón I. Casou coa filla da súa muller Xosefina, Hortensia de Beauharnais, e foi nomeado rei de Holanda. Abdicou polo seu desacordo co bloqueo continental e exiliouse en Austria e Suíza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (Višegrad 1326 - Nagyszombat 1328) Rei de Hungría (1342-1382) e de Polonia (Luís I, 1370-1382), fillo do Rei Carlos Roberto. Favoreceu a nobreza e preocupouse polo desenvolvemento económico das cidades. Aliouse con Casimiro III de Polonia para derrotar os lituanos (1351), os serbios (1353) e os venecianos, aos que conquistou Dalmacia (1357).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luís X de Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luís I de Hungría.
-
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1861-1889), segundo fillo de María II e de Fernando de Saxonia-Coburgo-Gotha. Sucedeu o seu irmán Pedro V. Monarca liberal, aboliu a escravitude nas colonias (1868) e desamortizou os bens eclesiásticos, o que provocou o Pronunciamento de Saldanha (1870). Foi un home ilustrado e traduciu a Shakespeare ao portugués.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Occidente (855-875) e rei de Italia (844-875), fillo de Lotario I. O seu pai nomeouno rei de Italia en 844 e asociouno ao Imperio en 850. A abdicación de Lotario I confirmouno como emperador pero na práctica só reinou en Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 804? - Frankfurt 876) Rei dos francos da marca oriental e de Baviera (817-843) e de Xermania (843-876), fillo de Ludovico Pío. Aliouse co seu irmán Carlos o Calvo, para loitar contra o outro irmán, Lotario I, a quen derrotaron en 841. Polo Tratado de Verdun definiuse a división do Imperio e gobernou Xermania. As revoltas dos seus fillos obrigárono a dividir o territorio en ducados.
-
PERSOEIRO
Rei de Nápoles (titular entre 1386-1389 e 1400-1417 e efectivo entre 1389 e 1400), conde de Provenza, duque de Anjou e de Maine (1384-1417) e fillo de Luís I de Anjou. Durante a súa minoría de idade, ocupou a rexencia a súa nai María de Blois. En 1390 casou con Violante de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Baviera (1864-1886), fillo de Maximiliano II e de María de Prusia. Apoiou a Austria durante a Guerra Austro-prusiana (1866), pero aliouse con Prusia na Guerra Franco-prusiana (1870-1871) e aceptou a incorporación de Baviera ao novo Imperio Alemán baixo o cetro dos Hohenzollern (1871). O movemento da Kulturkampf dificultou a relación cos seus súbditos, maioritariamente católicos. Foi mecenas da arte e da música, e apoiou economicamente a Richard Wagner nos comezos da súa carreira. Ordenou a construción de diversos castelos en Herrenchiemsee, Neuschwanstein e Linderhof. Foi incapacitado mentalmente para gobernar en 1886 e o seu tío Leopoldo foi nomeado rexente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Etruria (1803-1807) e duque de Parma (Carlos II de Parma) e Piacenza (1847-1849), fillo de Luís de Borbón, rei de Etruria, e de María Luísa, filla de Carlos IV de España. Obrigado a abdicar por Napoleón, instalouse primeiro en Francia e despois no Ducado de Lucca e, ao morrer a súa nai, obtivo o Ducado de Parma. A Revolución de 1848 obrigouno a abdicar en favor do seu fillo.
VER O DETALLE DO TERMO