Borbón-Condé, Luís II de

Borbón-Condé, Luís II de

Nobre e militar. Cuarto príncipe de Condé, chamado o Gran Condé. Aos vinte e dous anos era xa comandante do exército que combateu contra os españois na fronteira norte, derrotándoos en Rocroi (1643). Para afastalo de Francia durante a minoría de idade de Luís XIV, Mazzarino nomeouno vicerrei de Catalunya pero fracasou no ataque a Lleida (1647). A derrota que infrinxiu os españois en Lens (1648) favoreceu os tratados de Westfalia. Durante a Guerra da Fronda, primeiramente combateu a revolta dos parlamentarios (1648-1649); despois, resentido polo poder de Mazzarino, encabezou a Fronda dos príncipes e un dos seus exércitos contra París, aínda que derrotado por Turenne (1652). Fuxiu de Francia e pasou a servir aos españois, cos que obtivo a vitoria de València (1656) contra os franceses. En 1658 foi derrotado nas Dunes por Turenne. A raíz da Paz dos Pireneos (1659) foi perdoado por Luís XIV. Participou despois na Guerra da Devolución e na de Holanda. Finalmente residiu en Chantilly.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Fontainebleau