"Lubbock" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade situada no estado de Texas, EE UU (186.200 h [1990]), ao NO do estado, ao S de Amarillo. É un centro financeiro e un dos primeiros mercados mundiais do algodón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Banqueiro, naturalista, antropólogo e prehistoriador. Membro do Parlamento desde 1870, introduciu numerosas reformas, especialmente na banca. Realizou importantes contribucións científicas á entomoloxía e á antropoloxía. Nos seus traballos antropolóxicos introduciu por primeira vez os conceptos de Paleolítico e Neolítico e dedicouse á búsqueda de paralelos etnográficos que permitisen a reconstrución dos datos arqueolóxicos, para o que empregou o método comparativo. Na entomoloxía dedicouse ao estudo dos insectos sociais. Publicou Prehistoric Times (1865), Ants, Bees, and Wasps (1882) e The Pleasures of Life (1887-1889).
VER O DETALLE DO TERMO