Lubbock, John

Lubbock, John

Banqueiro, naturalista, antropólogo e prehistoriador. Membro do Parlamento desde 1870, introduciu numerosas reformas, especialmente na banca. Realizou importantes contribucións científicas á entomoloxía e á antropoloxía. Nos seus traballos antropolóxicos introduciu por primeira vez os conceptos de Paleolítico e Neolítico e dedicouse á búsqueda de paralelos etnográficos que permitisen a reconstrución dos datos arqueolóxicos, para o que empregou o método comparativo. Na entomoloxía dedicouse ao estudo dos insectos sociais. Publicou Prehistoric Times (1865), Ants, Bees, and Wasps (1882) e The Pleasures of Life (1887-1889).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso

    Lugar : Kingsgate Castle