"Lubre" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Que é malo ou prexudicial para a saúde ou que non cumpre as medidas sanitarias axeitadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo coruñés de folk que iniciou a súa carreira en 1986. Formado por Xosé Bieito Romero, Rosa Cedrón, Xulio Varela, Eduardo Coma, Patxi Bermúdez, Pedro Valero, Xavier Ferreiro e Xan Cupeiro, da súa discografía destacan O Son do Ar (1988), Ara Solis (1993), Plenilunio (1997), Cabo do Mundo (1999), Espiral (2002) e Hai un paraíso (2004). En 1997 colaboraron con Mike Oldfield no álbum Voyager. Recibiu os Premios de la Música da S.G.A.E. á mellor canción de Novas Músicas (1998), mellor canción en galego (2000) e mellor álbum de Novas Músicas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bergondo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bosque sagrado dos celtas no que os druídas celebraban os seus ritos á luz da Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado no lugar de Lubre (Ares). Pola súa proximidade estivo vinculado ao mosteiro de Caaveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ares. Foi construída polo abade Trutinio por orde de Afonso II no ano 830. A igrexa que se conserva parece de fábrica posterior, de arredor do s XV cun estilo de transición ao Renacemento. Ten torre cadrada e unha nave, e na ábsida conserva unha bóveda estrelada, con cinco claves cos nervios apoiados en columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é bo para a saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO