Lubre, Santa Baia de
Lubre, Santa Baia de
Igrexa situada en Ares. Foi construída polo abade Trutinio por orde de Afonso II no ano 830. A igrexa que se conserva parece de fábrica posterior, de arredor do s XV cun estilo de transición ao Renacemento. Ten torre cadrada e unha nave, e na ábsida conserva unha bóveda estrelada, con cinco claves cos nervios apoiados en columnas.