"Lucrecio" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antropónimo derivado do xentilicio romano Lucretia, que tamén se usaba en masculino Lucretius, de orixe etrusca e significado incerto. Relaciónase con Luceres, unha das tribos primitivas que formou o estado romano, ou co nome propio etrusco Laucri. Entre os personaxes históricos que levaron este nome cómpre salientar a Lucrecia, Lucrecia Borja (1480-1519) e a mártir santa Lucrecia de Mérida. A súa festividade celébrase o 23 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e filósofo latino. Mantivo amizade con Cicerón e co seu círculo e tamén co aristócrata Memmio, a quen lle dedicou De rerum natura. Segundo san Xerome, suicidouse aos 44 anos, enlouquecido tras tomar un bebedizo amoroso. Filósofo materialista, inspirouse no epicureísmo para a composición do seu poema, arduo e difícil, escrito en hexámetros e de forma arcaizante. A través dos seus seis libros tratou con detalle as súas consideracións filosófico-científicas, que semellaban moi específicas do epicureísmo romano. Considerado como un dos mestres das letras latinas, foi un dos iniciadores do humanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Presidiu o I Concilio de Braga (561), que tiña como fin regular os preceptos da fe ortodoxa e dos deberes clericais relativos ao culto de Deus. Asistiron oito bispos e ocupáronse tamén de buscar unha solución definitiva ao problema do priscilianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO