Lucrecia/Lucrecio

Lucrecia/Lucrecio
[ONOM]

Antropónimo derivado do xentilicio romano Lucretia, que tamén se usaba en masculino Lucretius, de orixe etrusca e significado incerto. Relaciónase con Luceres, unha das tribos primitivas que formou o estado romano, ou co nome propio etrusco Laucri. Entre os personaxes históricos que levaron este nome cómpre salientar a Lucrecia, Lucrecia Borja (1480-1519) e a mártir santa Lucrecia de Mérida. A súa festividade celébrase o 23 de novembro.

Palabras veciñas

lucrativo -va | Lucrecia | Lucrecia de Mérida, santa | Lucrecia/Lucrecio | Lucrecio | Lucrecio de Braga | lucro