Lucrecia

Lucrecia

Dama romana, muller de Lucio Tarquinio Colatino, parente de Tarquinio o Soberbio. Un fillo deste, Sexto Tarquinio, sobriño do derradeiro rei de Roma, vioulouna. Aldraxada, contoulle o sucedido ao seu home, e despois suicidouse cun puñal. A reacción de Xuño Bruto e do seu esposo incitou ao pobo á rebelión contra os Tarquinios. Convertida en exemplo da fidelidade, a figura de Lucrecia inspirou a artistas, literatos e músicos. O episodio deu pé a unha revolta popular que determinou a caída da monarquía romana e o inicio da era republicana (509 a C).