"Luna" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 30.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Montañas situadas na cara visible da lúa ao SO do mar das Choivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Narcís Feliu de la Penya na que recolle en tres volumes a historia de Catalunya dende a prehistoria ata o ano 1709; o seu obxecto era difundir unha versión catalá sobre a historia do Principado.
-
PERSOEIRO
Ilustradora. Estudiou na Escola de Belas Artes de Barcelona (1959-1964). A súa andaina como debuxante, comezou na editorial La Galera e na revista Cavall Fort, onde iniciou as súas colaboracións en 1964. Asina os seus debuxos como Pilarín, e destacan os da colección Petites Històries, da editorial Mediterránea, dedicada a personaxes do mundo da arte e da ciencia. Colabora en distintas publicacións periódicas (El correo catalán, Oriflama e El 9 nou). Recibiu a medalla de ouro Ville d’Avignon (1987), a Creu de Sant Jordi (1991) e o Premi de Crítica Serra d’Or (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e deseñador. Fundou xunto a Carles Riart o estudo GRIS, no ano 1968, onde desenvolveu a súa faceta como deseñador industrial e de interiores. Manifestou o seu universo persoal baseándose no erotismo e no misticismo. Entre os seus filmes destacan: Tatuaje (1976), Bilbao (1978), Lola (1986), Las edades de Lulú (1990), cun grande éxito comercial, baseado na novela de Almudena Grandes, a triloxía “ibérica” composta por Jamón, Jamón (1992), gañadora dun León de Prata no festival de Venecia, Huevos de Oro (1993) e La Teta y la Luna (1994), co premio ao Mellor Guión Adaptado. Coa súa película Bámbola (1996), protagonizada por Valeria Marini, quixo iniciar unha nova triloxía dedicada á muller europea. En 1999 estreou Volavérunt.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos perennifolios da familia das ericáceas. A especie C. vulgaris de ata 100 cm de altura, moi ramificada, presenta follas de ata 3,5 mm de lonxitude, sésiles e imbricadas en catro ringleiras, numerosas flores tetrámeras, cun invólucro de catro pequenas brácteas, corola campaniforme rosada de ata 3 mm de lonxitude e oito estames de anteras con apéndices basais, e froitos en cápsula globosa de ata 2,5 mm de diámetro. Distribuída por toda Europa, aínda que rara na área mediterránea, está presente en turbeiras, gándaras e claros dos bosques, constituíndo un elemento importante nas comunidades de matogueira de Galicia. Denomínanse comunmente queiroas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Catalunya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual aparecida en agosto de 1929 en Barcelona. Subtitulouse “Órgano del Centro Gallego de Barcelona y portavoz de la colonia gallega de Cataluña”. Trátase dunha publicación de carácter societario que, ademais de información xeral sobre a comunidade galega, reproduce poemas e contos de destacados autores galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de satélites artificiais e sondas lunares de características e misións moi diversas, lanzados por URSS a partir de 1963 para o estudo da superficie da Lúa. A serie Luna constitúe a continuación das de Lunik e seguindo a numeración, comezando polo Luna 4. Algunhas sondas foron dotadas de vehículos teledirixidos para recorrer a superficie lunar e outras tiñan capacidade de retornar á Terra con mostras do solo.
-
PERSOEIRO
Escritora. Foi autora do poema “El viajero”, incluído en El Heraldo Gallego e da composición “Gozos en alabanza de Nuestra Señora del Pilar (...)”, dedicada á visita de Isabel II a Galicia. Os seus poemas “En la playa de Villagarcía”, “El canto del pescador” e “La tempestad” incluíronse no Álbum de la Caridad.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre e escritor. Director de Edicións Fervenza e membro do consello de redacción do xornal Tabeirós Terra, pulicou o libro de arte A Estrada Románica (1999), as pezas narrativas As cometas da vida (1999) e O ano das mimosas (2000) e o ensaio Onde o sol facheaba ô amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares Núñez (2000), ademais de coordinar Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego e de traducir varias obras de teatro. En poesía, escribiu A Marcial Valladares (2003), con Manuel Fragoso, e Memorias do Cairo. Recibiu o Premio Roberto Blanco Torres (1999) e o Avelina Valladares (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro dunha ilustre familia de servidores reais, foi designado paxe do Rei Xoán II en 1410. Dirixiu o partido monárquico, oposto á oligarquía nobiliaria castelá e aos infantes de Aragón, desde 1420 e en 1422 foi nomeado condestable do reino. Asumiu a representación dun poder real forte e centralizado, aliado coa burguesía urbana, e enfrontado coa oligarquía castelá e os infantes de Aragón. O seu autoritarismo orixinou o descontento dos nobres casteláns cara ao privado e, aliados cos infantes de Aragón e con Xoán de Navarra, conseguiron desterralo a Escalona (1439). Recobrado polo rei, derrotou a coalición nobiliaria en Olmedo (1445), pero o seu poder foi minguando e, finalmente, foi acusado de traición, xulgado e decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Benedicto XIII.
-
PERSOEIRO
Político e dramaturgo ruso. Membro dos bolxeviques desde 1904, desempeñou o cargo de comisario do pobo para a Educación (1917-1929) e outorgoulles certa liberdade aos artistas escénicos, como Stanislavski, Meyerhold, Vakhtangov ou Tairov. Da súa produción destacan Fausto e a cidade (1919), Oliver Cromwell (1920) e Don Quixote liberado (1921), que foron duramente criticadas polo marxismo máis radical e o ensaio O teatro e a revolución (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo de tempo que separa, como termo medio, dúas conxuncións consecutivas da Lúa co Sol, é dicir, dúas lúas novas. O valor deste intervalo é de 29 días, 12 horas, 44 minutos e 2,8 segundos. OBS: Tamén se denomina mes sinódico ou mes lunar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de vehículos lunares soviéticos accionados por control remoto, destinados a explorar a superficie lunar sen a presenza do home. O Lunakod 1, que foi lanzado en 1970 no Luna 17, operou máis de 10 meses durante os días lunares. Inspeccionou unha área de 80.000 m2, analizou o solo lunar e enviou unhas 20.000 fotografías á Terra. O Lunakhod 2 foi lanzado en 1973.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á Lúa.
-
-
Mancha escura redondeada que aparece na pel e está producida pola acumulación de pigmentos, sobre todo melanina.
-
Figura circular que adorna unha tea ou outra cousa, xeralmente de cor distinta á da superficie en que está.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de cinco sondas cósmicas para o estudo da Lúa que foron lanzados por EE UU entre agosto de 1966 e agosto de 1967, coa finalidade de obter unha cartografía fotográfica cun elevado grao de resolución da totalidade da superficie lunar e de poder escoller así os lugares de aterraxe das misións Apollo.
-
-
Fento de 8 a 20 cm de altura, cunha folla estéril pinnatisecta, con segmentos en forma de media lúa ou de abano, e cunha folla fértil panicular, que se dá en pastos de montaña.
-
herba da nácara.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familias das brasicáceas, ao que pertence a especie L. biennis, de 40 a 100 cm de altura, que presenta follas ovadas e desigualmente dentadas, flores de cor purpúrea ou raramente branca, dispostas en acios, e de froito en silícula, grandes e amplamente elípticos; ten septos persistentes, que son brancos e brillantes. É orixinaria do SL de Europa e plántase como planta ornamental.