Luna, Álvaro de

Luna, Álvaro de

Político. Membro dunha ilustre familia de servidores reais, foi designado paxe do Rei Xoán II en 1410. Dirixiu o partido monárquico, oposto á oligarquía nobiliaria castelá e aos infantes de Aragón, desde 1420 e en 1422 foi nomeado condestable do reino. Asumiu a representación dun poder real forte e centralizado, aliado coa burguesía urbana, e enfrontado coa oligarquía castelá e os infantes de Aragón. O seu autoritarismo orixinou o descontento dos nobres casteláns cara ao privado e, aliados cos infantes de Aragón e con Xoán de Navarra, conseguiron desterralo a Escalona (1439). Recobrado polo rei, derrotou a coalición nobiliaria en Olmedo (1445), pero o seu poder foi minguando e, finalmente, foi acusado de traición, xulgado e decapitado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cañete

  • Deceso

    Lugar : Valladolid