"Luxemburgo" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Gran Duque de Luxemburgo (1890-1905). No 1839 herdou o Ducado de Nassau, que perdeu en 1886. Ao morrer Guillerme III dos Países Baixos, foille outorgado o Gran Ducado de Luxemburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
santa (978? - Kaufungen, Hesse 1040?) Emperatriz xermánica, filla de Sigfrido, conde de Luxemburgo. Casou co Emperador Enrique II o Santo (998), duque de Baviera e sucesor de Otón III, aínda que sempre gardou o voto de castidade. Trala morte do seu esposo (1024), retirouse á abadía de Kaufungen. Foi canonizada por Inocencio III no 1200. A súa festividade celébrase o 2 de marzo.
-
PERSOEIRO
Gran Duque de Luxemburgo (2000), fillo e sucesor do seu pai, o Gran Duque Xoán. Formouse na Real Academia de Sandhurst (1975) e licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Xenebra (1980). Foi presidente honorario do Consello de Desenvolvemento Económico de Luxemburgo e dende 1980 membro do Consello de Estado de Luxemburgo. O 4 de marzo de 1998 converteuse en tenente-representante do seu pai, a quen sucedeu o 7 de outubro de 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do Gran Ducado de Luxemburgo e do cantón homónimo (76.833 h [2001]). A cidade antiga, fortificada, érguese sobre un meandro que se eleva a 70 m de altitude sobre os profundos vales do Alzette e do Pétrusse. É un importante centro comercial, financeiro e industrial (industria mecánica, téxtil, de tabaco, alimentaria e cerámica). En 1244 a condesa de Luxemburgo Ermesinda outorgou á cidade unha grande autonomía, que lle foi abrogada en 1443 por Filipe III de Borgoña, como represalia pola resistencia dos luxemburgueses. Foi ocupada por Francia (1684-1697), Prusia (1815-1867) e Alemaña (1914-1918 e 1940-1945). Sede de moitos organismos internacionais, desde 1952 é sede da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro e da Unión Europea (secretariado do Consello de Europa, Tribunal Europeo de Xustiza). As súas antigas fortificacións foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón de Luxemburgo (238 km2; 125.055 h [2001]). A súa capital é Luxemburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia situda ao SL de Bélxica (4.440 km2; 246.820 h [estim 2000]). A capital é Arlon. Está regada principalmente polos ríos Semois e Ourthe, e o clima é continental rigoroso. A poboación atópase dispersa. Os principais recursos da rexión son a gandería bovina e a explotación forestal. Nos vales cultívanse froiteiras. Posúe minas de ferro, que dan lugar a tres aglomeracións mineiras e siderúrxicas importantes: Athus, Musson e Halanzy.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Occidental, situado entre Bélxica, ao O e ao N, Alemaña, ao L, e Francia, ao S (2.586 km2; 439.764 h [2001]). A capital é Luxemburgo.
Xeografía física
É un país de relevo ondulado, con dúas rexións naturais ben diferenciadas: a setentrional, o Ösling, cun terreo cuberto de bosque e no extremo norte, de landas e turbas; e a rexión centromeridional, o Gutland. O dominio climático é continental e presenta diferencias térmicas entre o N e o S durante o inverno, mentres que no verán as temperaturas son case uniformes ao longo de todo o país. As precipitacións son abundantes. Destacan os ríos Sûre, Our, Clerf e o Wiltz, todos eles na rexión setentrional.
Xeografía económicaEconomía e sectores de actividade
VER O DETALLE DO TERMO
Os cultivos principais son os cereais (cebada, trigo, avea, centeo), as patacas, a ferraxe, a viña, as froiteiras (maceiras e ameixeiras) e as rosas. A gandería... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe soberana do condado e, a partir de 1354, do ducado de Luxemburgo, do que saíu a familia dos Salm. Tivo como fundador a Giselberto I , conde de Luxemburgo desde 1019 e de Salm, que morreu cara a 1067. A súa neta, a condesa Ermesinda I , que morreu en 1143, transmitiu o condado ao seu fillo Enrique IV, conde de Namur. O seu neto Enrique V , que morreu en 1281, dividiu os bens entre os seus dous fillos. O fillo máis novo, Valeran I , formou a liña dos condes de Ligny, de Saint-Pol e de Conversano, condes e despois duques de Brienne, duques de Pinney e príncipes de Tingry, que se extinguiu en 1680. O fillo máis vello continuou a liña principal, que accedeu ao trono de Bohemia (1310) con Xoán I , ao solio imperial con Carlos I (Carlos IV, 1346-1378), e ao trono de Hungría con Sexismundo I (1387). A derradeira representante da liña principal foi...
-
PERSOEIRO
Gran duque de Luxemburgo e duque de Nassau, fillo da gran duquesa Carlota I e do príncipe Félix de Parma. En 1964 converteuse en soberano do país. Abdicou en 2000 e sucedeuno o seu fillo Enrique I.
VER O DETALLE DO TERMO