"Mónaco" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Mónaco, de nome Honoré Charles Grimaldi. Estudiou oceanografía e organizou expedicións científicas polo Atlántico e o Mediterráneo. Fundou o Museo Oceanográfico de Mónaco (1899) e o Instituto Oceanográfico de París (1906). Baixo a súa dirección elaboráronse unha serie de mapas batimétricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor italiano. Realizou estudios musicais no Conservatorio de Pesaro e debutou en 1941 no teatro Puccini de Milán con Madama Butterfly no papel de Pinkerton. De voz potente e un pouco abaritonada, e con grandes dotes interpretativos, destacou particularmente nos papeis das óperas veristas italianas e na interpretación de varios dos papeis das óperas de Giuseppe Verdi, especialmente no de Otello. En varias ocasións formou dúo artístico coa soprano Renata Tebaldi e actuou, entre outros países, no Reino Unido, Alemaña, Brasil, Xapón, Italia, España e EE UU, e no Metropolitan Opera House de Nova York, na Scala de Milán e no Teatro Bol’šoj. Entre as numerosas gravacións operísticas que realizou destacan Otello, Norma, Manon Lescaut, Ernani e A forza do destino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Piero di Giovanni.
-
CAPITAIS
Capital do principado de Mónaco (1.234 h [1990]). Eríxese sobre un promontorio. Destacan o palacio do Príncipe, a catedral e o Musée Océanographique.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa situado na Costa Azul, entre Niza e Menton, e que ocupa unha estreita franxa da badía que se abre ao pé dos Alpes Marítimos, entre os cabos de Ail, ao O, e Martin, ao L (1,95 km2; 34.000 h [estim 2001]). A súa capital é Mónaco.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Está constituído por tres núcleos urbanos ao redor do porto: Mónaco, ao SO, capital e antiga fortaleza, La Condamine, no centro, onde se sitúa o porto principal, e Monte-Carlo, ao N. O territorio redúcese principalmente a un promontorio rochoso, onde se sitúa o centro, e en cuxas abas está o resto da cidade. A área de Fortvieille creouse gañando terra ao mar. A súa economía baséase principalmente no turismo, que xera máis do 25% dos ingresos, e nos sectores bancarios e financeiros. Os baixos impostos e o secreto bancario atraeu a compañías e particulares que intentan evitar os impostos. O sector industrial tivo un importante desenvolvemento a partir de 1945, sobre todo, na industria... -
PERSOEIRO
Príncipe de Mónaco, duque de Valentinois, marqués de Les Baux e conde de Carladès (1949), fillo do conde Pierre de Polignac e da princesa Carlota de Mónaco. Tras a renuncia da súa nai, en 1944 converteuse en herdeiro do trono e sucedeu en 1949 ao seu avó Luís II. En 1956 casou coa actriz de cine estadounidense Grace Kelly. Sucedeuno o seu fillo Alberte II.
VER O DETALLE DO TERMO