"Macau" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Macau, situada na costa S de China (342.548 h [1991]). Foi construída ao estilo europeo sobre unha escarpada península. Posúe un porto para viaxeiros de pouco calado. Ten establecementos de xogo e diversión no barrio chinés. É un bispado católico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de China localizada na costa SL, ao O de Hong Kong, no mar de China Meridional (436.686 h [estim 2001]). A capital é Macau. Comprende a península de Macau e as illas de Taipa e Colane. A poboación é chinesa cunha minoría portuguesa. A actividade principal da poboación é a pesca. A economía baséase no porto e no turismo. Foi dominio portugués desde 1557, e desde mediados do s XIX experimentou unha certa decadencia coa aparición da colonia británica de Hong Kong. Declarada Provincia de Ultramar de Portugal en 1951, adquiriu o estatuto de territorio especial en 1976. En decembro de 1999 produciuse a súa devolución a China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, historiador e crítico literario. Foi deputado whig na Cámara dos Comúns (1830), cargo desde o que contribuíu á reforma parlamentaria de 1832, e secretario de Guerra (1834-1841). Escribiu History of England from the Accession of James the Second (1849-1861) na que demostra o seu liberalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO