Macau
Macau
Provincia de China localizada na costa SL, ao O de Hong Kong, no mar de China Meridional (436.686 h [estim 2001]). A capital é Macau. Comprende a península de Macau e as illas de Taipa e Colane. A poboación é chinesa cunha minoría portuguesa. A actividade principal da poboación é a pesca. A economía baséase no porto e no turismo. Foi dominio portugués desde 1557, e desde mediados do s XIX experimentou unha certa decadencia coa aparición da colonia británica de Hong Kong. Declarada Provincia de Ultramar de Portugal en 1951, adquiriu o estatuto de territorio especial en 1976. En decembro de 1999 produciuse a súa devolución a China.