macarrónico -ca
macarrónico -ca
(< macarrón)
-
adx
Aplícase á lingua ou á produción literaria dun autor na que se atenta gravemente contra a pureza do léxico ou as regras gramaticais.
-
latín macarrónico
[LING]
Linguaxe fiticia construída cun léxico vulgar e dialectal, pero con morfoloxía, sintaxe, métrica e prosodia latinas, que se usaba en composicións poéticas burlescas ou satíricas.
-
literatura macarrónica
[LIT]
Literatura escrita nun latín macarrónico. Comezou na Idade Media, en obras burlescas (cantos dos goliardos, sermóns joyeux, farsas, etc), e fíxose definitivo a finais do s XV, en Italia, co Baldus de Folengo. Na Península Ibérica publicáronse a Macaronea latino-portugueza (1791) e a Metrificatio invectivalis contra studia modernorum (1794).