Macaronesia

Macaronesia

Rexión fitoxeográfica situada no Atlántico Norte, xunto a Europa e o N de África que comprende catro arquipélagos Canarias, Açores, Madeira e Cabo Verde así como os illotes denominados Salvaxes. Todos os arquipélagos teñen a súa orixe en volcáns oceánicos, xa que nunca estiveron unidos aos continentes senón que xurdiron de erupcións volcánicas. Caracterízase por un elevado número de especies endémicas.