Antropónimo que deriva do latín medieval Mahometus, alteración do nome persoal árabe muhammad ‘loubado, digno de alabanza’, participio pasivo da segunda forma do verbo hamida ‘loubar’.
Profeta, fillo póstumo de Abd Allāh. De nome Abū-l-Qāsim Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn’ Abd Allāh ibn’Abd al-Mu Palatino; ṭṭ alib ibn Hāšim, fundou o islamismo. Membro da tribo quraxita, dedicouse ao comercio e casou con Palatino; ḫ adīğa. Segundo a tradición, a súa vocación espertou pola aparición do arcanxo Gabriel, quen lle encomendou transmitir as palabras divinas que lle foran reveladas e que, unha vez reunidas (650?), formaron o Alcorán. A hostilidade dos notables da Meca, obrigouno a fuxir e refuxiouse en Yatrib, desde aquela nomeada Madina al-Nabi (Cidade do Profeta). Substituíu as antigas organizacións tribais pola igualitaria “comunidade dos crentes”, obrigada á caridade e á oración. Para asegurar a vida material da comunidade recomendou pillaxes, que se converteron en enfrontamentos bélicos entre os seus partidarios e os habitantes da Meca. O triunfo final de Mahoma expandiu o...