Mahoma
Profeta, fillo póstumo de Abd Allāh. De nome Abū-l-Qāsim Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn’ Abd Allāh ibn’Abd al-Mu Palatino; ṭṭ alib ibn Hāšim, fundou o islamismo. Membro da tribo quraxita, dedicouse ao comercio e casou con Palatino; ḫ adīğa. Segundo a tradición, a súa vocación espertou pola aparición do arcanxo Gabriel, quen lle encomendou transmitir as palabras divinas que lle foran reveladas e que, unha vez reunidas (650?), formaron o Alcorán. A hostilidade dos notables da Meca, obrigouno a fuxir e refuxiouse en Yatrib, desde aquela nomeada Madina al-Nabi (Cidade do Profeta). Substituíu as antigas organizacións tribais pola igualitaria “comunidade dos crentes”, obrigada á caridade e á oración. Para asegurar a vida material da comunidade recomendou pillaxes, que se converteron en enfrontamentos bélicos entre os seus partidarios e os habitantes da Meca. O triunfo final de Mahoma expandiu o seu poder ata a consolidación definitiva coa entrada na Meca (630) e a destrución dos ídolos da Ka’ba. En 632 instituíu un novo rito para a peregrinaxe. Despois da súa morte, iniciouse a expansión do Islam fóra de Arabia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Meca