"Malaspina" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia marquesal italiana coñecida a partir do s XI. Fundou un verdadeiro organismo político-territorial garantido por unha notable rede de fortificacións. Os seus membros loitaron contra Xénova e contra a comuna de Piacenza, o que lles obrigou a render a vasalaxe da maior parte dos castelos aos poderosos gobernos comunais. O dominio efectivo dos Malaspina foi reducido aos territorios da Lunigiana. En 1221 foi feita a división destes territorios entre Corrado Malaspina (?-1250) e Obizzino Malaspina (?-1249). Conseguiron con Spinetta Malaspina o Grande (1282?-1383), ampliar os dominios da Lunigiana Oriental, crear o marquesado de Fosdinovo e apoderarse de Sardeña. A partir do s XV, os seus dominios fraccionáronse e foi case extinguido pola acción de xenoveses e florentinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glaciar situado ao SL de Alasca, en EE UU, ao NO da baía de Yakutat, que forma parte do monte Saint Elias. Ten un espesor medio de entre 300 m e 140 km de lonxitude.
-
PERSOEIRO
Mariño. Realizou a volta ao mundo (1781-1782) e, ao servizo de España participou en diversas expedicións científicas (1782-1789) entre as que se atopaba unha patrocinada polo goberno (1789-1794). Os informes que recolleu en Viaje político-científico alrededor del mundo (1885), esixían grandes reformas das colonias.
VER O DETALLE DO TERMO