Malaspina
Familia marquesal italiana coñecida a partir do s XI. Fundou un verdadeiro organismo político-territorial garantido por unha notable rede de fortificacións. Os seus membros loitaron contra Xénova e contra a comuna de Piacenza, o que lles obrigou a render a vasalaxe da maior parte dos castelos aos poderosos gobernos comunais. O dominio efectivo dos Malaspina foi reducido aos territorios da Lunigiana. En 1221 foi feita a división destes territorios entre Corrado Malaspina (?-1250) e Obizzino Malaspina (?-1249). Conseguiron con Spinetta Malaspina o Grande (1282?-1383), ampliar os dominios da Lunigiana Oriental, crear o marquesado de Fosdinovo e apoderarse de Sardeña. A partir do s XV, os seus dominios fraccionáronse e foi case extinguido pola acción de xenoveses e florentinos.