malarmado

malarmado

(< 2 mal + armado)

  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe duns 30 cm de lonxitude, que presenta o corpo completamente recuberto de placas dérmicas osificadas que constitúen unha auténtica armadura. É vermello no dorso e na cabeza e máis claro no ventre e é bentónico e gregario. Habita nos fondos lodosos e areosos do Atlántico e do Mediterráneo, ata os 500 m de profundidade, e aliméntase fundamentalmente de crustáceos e moluscos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    escarpón común.

Palabras veciñas

Mälar | malaria | Malarico | malarmado | Malaspina | Malaspina | Malaspina, Alessandro