malaria

malaria

(< ital malaria ‘malaire’)

  1. s f [PAT]

    Enfermidade infecciosa endémica producida por protozoos do xénero Plasmodium e transmitido ao home pola picadura de mosquitos infectados do xénero Anopheles. No home, as catro especies que a  poden transmitir son Plasmodium vivax (malaria terciana), P. malariae (malaria cuartá), P. falciparum (malaria cerebral) e P. ovale (malaria oval).

    Sinónimos: paludismo.
  2. malaria equina [VETER]

    Septicemia aguda ou crónica dos animais de pé redondo, orixinada por un virus específico e caracterizado por unha febre recorrente. OBS: Tamén se denomina anemia infecciosa dos cabalos.

Palabras veciñas

malaquita | malar | Mälar | malaria | Malarico | malarmado | Malaspina