"Mandín" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato alumínico férrico, Fe3Al2Si3 O12, do grupo do granate. Cristaliza no sistema cúbico, preséntase habitualmente en forma de grans arredondados, de exfoliación moi imperfecta e cor vermella, terrosa e ás veces tamén negra. Ten dureza 6-7,5 e peso específico 4,318. Os cristais grandes empréganse en xoiería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Globulina vexetal presente nas améndoas.
-
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como George Sand, educouse baixo a tutela da súa avoa en Nohant e ingresou nun convento en París (1817-1820). En 1822 casou co barón Duvenant. En 1831 separouse e trasladouse a París. Posteriormente, volveu a Nohant e logo pasou uns anos xunto a F. Chopin na cartuxa de Valldemosa en Mallorca. En colaboración con Jules Sandeau publicou a súa primeira novela titulada Rose et Blanche (1831), baixo o pseudónimo común de Jules Sand, e fundou a revista Revue indépendante (1841), xunto con Pierre Leroux. Escribiu pezas de teatro, como Claudie (1851) ou Molière (1851), e tivo unha grande actividade como novelista con obras, como Valentine (1832), Indiana (1932), Lélia (1833), Mauprat (1837), Un hiver à Majorque (1841), Le meunier d’Angibault (O muiñeiro de Angibault, 1845), La mare au diable (O pantano do demo, 1846), François le Champi (1848), Histoire...
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario de tendencia liberal editado en Mondoñedo a partir do 6 de xullo de 1882. En 1886 puido ter unha segunda época de edición co título de El Hermandino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento antiseñorial que tivo lugar en Galicia no s XIV. Desenvolveuse no contexto da crise xeral da Baixa Idade Media, en especial pola excesiva señorialización do medio agrario e a situación política de anarquía da Coroa de Castela. As orixes do conflito atópanse na loita dinástica entre Pedro I e Enrique de Trastámara e a vitoria deste, que recompensou os nobres que o apoiaran con importantes mercedes e creou en Galicia unha nova nobreza, de orixe foránea, que asumiu os cargos de poder. O abuso do poder dos señores e a débil situación socioeconómica, provocada polas malas colleitas e as consecuencias da Peste Negra, provocaron o levantamento de labregos, artesáns e comerciantes. Antes do levantamento de 1431 producíranse movementos antiseñoriais dirixidos, principalmente, contra o señorío eclesiástico. En 1422, ante a ausencia de Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela, un grupo de artesáns e cabaleiros iniciou unha revolta coa finalidade de converter a vila nunha cidade...
-
-
Relativo ou pertencente ás Guerras Irmandiñas.
-
Cada un dos membros das diversas irmandades creadas en Galicia ao longo da Idade Media.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Montevideo a partir do 1 de outubro de 1934. Cesou a súa edición o 1 de xaneiro de 1936. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Rosgal. Voceiro da Irmandade Galeguista do Uruguay e relacionada co Partido Galeguista, incluíu información política de orientación nacionalista. Colaboraron nela destacados políticos e escritores, como Alexandre Bóveda e Afonso Castelao. Na súa segunda época, entre xuño de 1958 e xuño de 1961, foi dirixida por Xosé L. Villaverde e Miguel V. Valiño e seguiu os mesmos postulados políticos.
-
-
-
Relativo ou pertencente á lingua madinga.
-
Lingua mandé do phylum níxer-congo que se fala en Gambia, Guiné-Bissau e Senegal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques, da familia das verrucáceas, que presenta talo crustáceo, que está desapegado da maior parte do soporte en que se atopan, e son de cor verde intensa.