"Manila" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Escritor mallorquino. Iniciouse coa novela L’abisme (Premio Ciutat de Palma 1967). Escribiu tamén Els Alicorns (Premio Josep Pla, 1971), El cementiri de les roses (Premio Víctor Català 1971), El rei Gaspar (Premio Josep M. Folch i Torres 1975) e Tot quan veus és el mar (Premio Nacional de Literatura 1987). Conseguiu en 1994 o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Filipinas, ao SO da illa de Luzón, situada na baía de Manila (1.581.082 h [2000]). A súa aglomeración urbana, a Gran Manila abrangue unha superficie de 636 km2 onde acolle a 9.932.56 h [2000]. É un dos portos máis grandes e activos de Extremo Oriente. Ten industrias de montaxe de automóbiles, mecánicas, téxtiles, de calzado, tabaco, madeira e alimentación. Durante a Guerra Hispano-norteamericana foi tomada polas forzas estadounidenses axudadas por tagalos independentistas (1898). De 1942 a 1945 foi ocupada polo exército xaponés, que incendiou a cidade antes de abandonala. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas, en gran parte derrubadas, que envolven a antiga cidade, e os edificios da época hispánica; entre os que se conservan destacan a igrexa de San Agustín, de estilo barroco colonial, obra de A. de Herrera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe descoñecida que pode proceder do nome latino Manilius, nome teofórico procedente de manes ‘ánimas ou almas dos mortos’ ou do xermánico Manila, forma medieval hipocorística do gótico Manna ‘home’. Presenta a variante Manilán. A súa festividade celébrase o 1 de marzo.
-
PERSOEIRO
Monxe. San Rosendo distinguiuno como o seu discípulo preferido ao nomealo abade do mosteiro de San Salvador de Celanova. Segundo a tradición, Mánila administroulle os derradeiros sacramentos e oficiou o seu funeral (977). A súa festividade celébrase o 1 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado en Manila en setembro de 1954 entre EE UU, Francia, Reino Unido, Australia, Filipinas, Nova Zelanda, Paquistán e Tailandia, en que se decidiu a constitución da Organización do Tratado do Sueste Asiático (OTASE).
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo Mánila.