Manila

Manila

Capital de Filipinas, ao SO da illa de Luzón, situada na baía de Manila (1.581.082 h [2000]). A súa aglomeración urbana, a Gran Manila abrangue unha superficie de 636 km2 onde acolle a 9.932.56 h [2000]. É un dos portos máis grandes e activos de Extremo Oriente. Ten industrias de montaxe de automóbiles, mecánicas, téxtiles, de calzado, tabaco, madeira e alimentación. Durante a Guerra Hispano-norteamericana foi tomada polas forzas estadounidenses axudadas por tagalos independentistas (1898). De 1942 a 1945 foi ocupada polo exército xaponés, que incendiou a cidade antes de abandonala. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas, en gran parte derrubadas, que envolven a antiga cidade, e os edificios da época hispánica; entre os que se conservan destacan a igrexa de San Agustín, de estilo barroco colonial, obra de A. de Herrera.