"Mannheim" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
- 
                                    
                                                                  CIDADES Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña, situada na confluencia do río Neckar co Rin, en fronte de Ludwigshafen (307.730 h [2000]). Foi reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial segundo un rigoroso plano ortogonal. A conurbación con Ludwigshafen especializou as funcións urbanas, potenciadas polo gran porto fluvial. Posúe factorías de produtos químicos, maquinaria agrícola, automóbiles, maquinaria eléctrica e vidro. Fundouse en 1606 e, en 1720, converteuse en capital e residencia dos príncipes do Palatinado ata 1778. En 1820 pasou a pertencer ao Gran Ducado de Baden. Foi o centro da escola de Mannheim. VER O DETALLE DO TERMO
- 
                                    
                                                                  VER O DETALLE DO TERMOGrupo de compositores da Corte do elector Carles Teodor do Palatinado (1742-99) que creou en Mannheim unha orquestra que, dirixida por Johann Stamitz (1745-1757), foi a mellor de Europa. Destacaron Stamitz, Richter e Cannabich, que aplicaron recursos expresivos novos e abandonaron a imitación, a fuga e o baixo continuo. As súas obras influíron na formación da simfonia e en compositores como Haydn e Mozart. En 1778 o elector pasou a Múnic e a escola dispersouse. 
- 
                                    
                                                                  FILOSOFOS Filósofo e sociólogo húngaro. Foi expulsado por Hitler (1933) e, en Londres, intentou fundamentar filosoficamente as teorías sociolóxicas coa obra Ideology and Utopia (1936). Rexeitou as ditaduras totalitarias e interpretou a crise política do seu tempo como o paso dun tipo social de pensamento a outro dominado pola planificación, que reflectiu en Diagnosis of Our Time (1944) e Freedom, Power and Democratic Planning (1950). VER O DETALLE DO TERMO
