Mannheim, Karl
Mannheim, Karl
Filósofo e sociólogo húngaro. Foi expulsado por Hitler (1933) e, en Londres, intentou fundamentar filosoficamente as teorías sociolóxicas coa obra Ideology and Utopia (1936). Rexeitou as ditaduras totalitarias e interpretou a crise política do seu tempo como o paso dun tipo social de pensamento a outro dominado pola planificación, que reflectiu en Diagnosis of Our Time (1944) e Freedom, Power and Democratic Planning (1950).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Budapest -
Deceso
Lugar : Londres