Temas

Eutidemo

Filósofo grego. Coñécese a súa existencia grazas a Aristóteles. Foi protagonista do diálogo platónico Eυτιδεμος, no que se discute sobre o valor da erística.

Máis >
Arcesilao de Pitana

Filósofo grego. Discípulo de Teofrasto e condiscípulo de Zenón de Elea. Escolarca, moderadamente escéptico da academia platónica. Dirixiu esta academia despois de Crates durante o período denominado “Academia mediana” ou “segunda Academia”.

Máis >
Fichte, Inmmanuel Hermann von

Filósofo alemán. Profesor das universidades de Bonn (1840) e de Tübingen (1842), defendeu a idea da existencia de Deus no home e por riba do home. Das súas obras destacan Beiträge zur Characteristik der neueren Philosophie (Contribución ás características da filosofía moderna, 1829), Grundzüge zum System der Philosophie (Tres fundamentos para o sistema da filosofía, 1833-1846) e System der Ethic (1850-1853).

Máis >
Baader, Franz Xaver von

Filósofo e teólogo. Foi profesor de Dogmática na Universidade de Múnic. Influído por J. Böhme e polo idealismo romántico desenvolveu unha metafísica de tendencia mística e espiritualista que se opoñía a toda autonomía do home, especialmente no sentido da autonomía moral kantiana, e que afirmaba o carácter do home como un ser fundamentalmente dependente e participante da vontade divina. A mesma tendencia revélase nos seus escritos sobre a filosofía do dereito e do estado. Foi un dos máis destacados pensadores católicos dos tempos modernos. As súas obras principais son Über religiöse Philosophie (Sobre filosofía relixiosa, 1827), Vorlesungen über spekulative Dogmatic (Leccións de dogmática especulativa, 1828-1838) e Vorlesungen über Sozietätsphilosophie (Leccións sobre filosofía da sociedade, 1832).

Máis >
Glover, Jonathan

Filósofo inglés. Foi director do Centre for Medical Law and Ethics na University of Oxford. Desenvolveu a súa investigación filosófica no eido da ética aplicada e creou unha concepción da maldade do acto de matar que apela ao valor intrínseco da vida que é digna de ser vivida, o respecto á autonomía e aos efectos colaterais. Das súas obras destacan Causing Death and Saving Lives (1977) e Humanity: A Moral History of The 20th Century (1999).

Máis >
Evans, Gareth

Filósofo inglés. Profesor de filosofía da mente na University of Oxford, desenvolveu a súa teoría seguindo a liña da tradición kantiana, baseada na idea de que o pensar ten o seu fundamento nas capacidades e habilidades corporais. Afirmou tamén, que os pensamentos sobre obxectos individuais son formas de inmersión no contorno. Entre as súas obras destacan Thruth and meaning: essays in semantics (Verdade e significado: ensaios sobre semántica, 1976), The varieties of reference (As variedades de referencia, 1982) e Collected papers (Traballos escollidos, 1985).

Máis >
Cheng Hao

Filósofo chinés. Afastou o neoconfucionismo da especulación cosmolóxica e centrouno nos problemas do li (‘principio’) e da natureza humana. Inaugurou a tendencia idealista neoconfucionista.

Máis >
Bahya ben Yosef ibn Paquda

Filósofo hebreo. Escribiu en árabe un tratado ético-moral Kitāb al-hidaya ilā farā’id al-qulūb (Libro da guía sobre os deberes dos corazóns), expoñente da corrente neoplatónica da época, que acadou unha gran sona. É tamén autor de diversos poemas relixiosos incluídos na liturxia penitencial hebraica.

Máis >
Loading