Temas

Hutcheson, Francis

Filósofo irlandés. Máximo representante da teoría do sentido moral e precursor do utilitarismo aplicado principalmente á ética, colocou no sentimento a fonte do coñecemento moral. Entre as súas obras destacan The Original of Our Ideas of Beauty and Virtue (1725), An Essay on the Nature and Condut on the Passions and affections (1728) e System of Moral Phylosophy (1755).

Más >
Alexander, Samuel

Filósofo australiano. Profesor en Manchester (1893-1924). O seu pensamento forma parte do movemento realista principiado con Moore, Russell e o neorrealismo. Escribiu Moral Order and Progress (1888), Space, Time and Deity (1920) e Beauty and Other Forms of Value (1933).

Más >
Gregorio de Rimini

Filósofo italiano. Profesor das universidades de París, Boloña, Padua e Perugia, foi xeral da orde dos eremitas de santo Agostiño (1357-1358). Seguidor do nominalismo de G. de Ockham, non buscou a conciliación con Platón nin con santo Agostiño. Foi o autor de Comentario ás sentencias de Pier Lombardo (1482).

Más >
Häberlin, Paul

Filósofo e psicólogo suízo. Estudiou os problemas psicopedagóxicos a partir dun sistema ontolóxico propio. É autor de Wege und Irrwege der Erziehung (Camiños e desvíos da educación, 1918), Der Gegenstand der Psychologie (O obxecto da psicoloxía, 1921), Das Wesen der Philosophie (A esencia da filosofía, 1934) e Das Böse (O mal, 1960).

Más >
Crisipo

Filósofo estoico grego. Foi discípulo de Zenón de Citio e dirixiu a Stoa, escola estoica, dende o 232 ata o 208 a C, polemizando coa Academia Nova. Atribúenselle máis de 700 tratados.

Más >
Aall, Anathon

Filósofo noruegués. Profesor en Halle e Oslo, distinguiuse como historiador da filosofía e pola súa concepción non reducionista da natureza.

Más >
Mengzi

Filósofo chinés. Coñecido como Mencio, considerouse o seguidor máis destacado de Confucio. Difundiu unha ética social baseada na benevolencia e na rectitude que refuga o excesivo altruísmo de Confucio. Un dos catro libros do confucionismo leva o seu nome.

Más >
Vio, Tommaso de

Filósofo e teólogo italiano. Dominicano, coñecido como Gaetano, foi profesor de metafísica tomista en Padua (1494) e de teoloxía en Pavia (1497-1499) e procurador xeral (1501-1508) e mestre xeral (1508-1517) da súa orde. Interveu nos inicios do proceso contra Lutero e na elección de Carlos V como emperador. Escolástico e tomista, destacan os seus comentarios á Summa theologica de Tomé de Aquino.

Más >
Lombardi, Franco

Filósofo italiano. Defendeu un humanismo crítico-naturalista. Escribiu Il concetto della libertà (1947) e La posizione dell’uomo nell’universo (1963).

Más >
Loading