Hart, Herbert Lionel Adolphus

Hart, Herbert Lionel Adolphus

Filósofo e xurista británico. Licenciado na Oxford University, exerceu como avogado (1932-1940) e como espía do MI5 durante a Segunda Guerra Mundial. Regresou á universidade en 1945 e en 1952 converteuse en catedrático de Xurisprudencia en Oxford. Transformou a filosofía do Dereito ao abrila a unha teoría social que permitiu o desenvolvemento dunha teoría normativa política e moral. Das súas obras destacan Causation in the Law (1959), Punishment and Responsability (1968) e Essays on Bentham (1982).

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso