Secondat, Charles-Louis de

Secondat, Charles-Louis de

Filósofo e xurista francés, barón de La Brède e de Montesquieu. Coñecido como Montesquieu. Estudou dereito en Bordeos e foi conselleiro no parlamento en 1714, entidade que presidiu en 1716. En 1721 publicou Lettres Persanes e en 1734 realizou o seu tratado fundamental, L’esprit des Lois, onde recolleu documentos e procesos xudiciais sobre os fundamentos da monarquía francesa, estudos xurídicos e históricos, exemplificados cunha crítica penetrante. A súa síntese sociolóxica esténdese aos países de Oriente, e soamente se viu limitada polos coñecementos da súa época. Fixo distinción entre tres formas de goberno: monárquica, republicana e despótica. Desta tríade, tentou a elaboración da noción de virtude política e afondou no estudo dos problemas da liberdade política. A partir de aquí elaborou a doutrina de separación de poderes fundamentais do Estado (lexislativo, executivo e xudicial), doutrina que se introduciu na praxe institucional de todas as nacións civilizadas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : castelo de La Brède, Bordeos

  • Deceso

    Lugar : París