"Manus" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
decumano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papua Nova Guinea (2.100 km2; 43.387 h [2000]). A capital é Lorengau (5.829 h [2000]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir á man.
-
-
de manuscribir.
-
Que está escrito á man.
-
Libro escrito á man. Tamén se denomina códice cando se refire aos manuscritos antigos e medievais escritos en papiro, pergameo ou papel. Entre os manuscritos máis destacados que recollen a literatura galega medieval destacan o Cancioneiro da Ajuda (A) (ss XII-XIV), escrito a dúas columnas, por unha soa man, en letra gótica francesa; e os apócrifos italianos Cancioneiro da BibliotecaVaticana (V), escrito en papel de liño a unha columna ata o caderno décimo e a dúas columnas o resto, en cursiva humanística de varias mans de finais do s XV ou inicios dos XVI, e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B), escrito en papel de peor calidade por tres mans diferentes en letra gótica decadente e cursiva humanística. As Cantigas de Santa María consérvanse en tres códices españois, escritos en letra gótica francesa do s XIII con coidadas miniaturas e un códice italiano escrito en letra gótica moi estilizada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de leis brahmánicas. Atribúese tradicionalmente a Manu, e contén observacións sobre as cerimonias domésticas, os ritos fúnebres, os sacrificios e a pureza cerimonial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuscrito descuberto por Wilfrid M. Voynich en 1912 no colexio xesuíta de Villa Mondragone, preto de Roma. Parece que se escribiu entre os ss XV e XVI, nunha lingua e nuns caracteres que ata o momento non foron descifrados. Puido ser un tratado de alquimia, no que se representan plantas e constelacións descoñecidas.