manuscrito -ta
(< lat manu scriptu)
-
p irreg
de manuscribir.
-
adx
Que está escrito á man.
-
s
m
[PALEOG]
Libro escrito á man. Tamén se denomina códice cando se refire aos manuscritos antigos e medievais escritos en papiro, pergameo ou papel. Entre os manuscritos máis destacados que recollen a literatura galega medieval destacan o Cancioneiro da Ajuda (A) (ss XII-XIV), escrito a dúas columnas, por unha soa man, en letra gótica francesa; e os apócrifos italianos Cancioneiro da BibliotecaVaticana (V), escrito en papel de liño a unha columna ata o caderno décimo e a dúas columnas o resto, en cursiva humanística de varias mans de finais do s XV ou inicios dos XVI, e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B), escrito en papel de peor calidade por tres mans diferentes en letra gótica decadente e cursiva humanística. As Cantigas de Santa María consérvanse en tres códices españois, escritos en letra gótica francesa do s XIII con coidadas miniaturas e un códice italiano escrito en letra gótica moi estilizada.