manutención
(< lat tardío manutentione)
-
s
f
Acción e efecto de manter ou manterse.
Sinónimos: mantenza. -
s
f
Conxunto de alimentos que necesita unha persoa ou animal para sobrevivir.
Sinónimos: mantenza. -
s
f
Conxunto das operacións de manexo, transporte e almacenaxe de materiais. Comprende desde a chegada dos materiais necesarios no proceso produtivo ata a saída do almacén de expedición e faise necesaria para levar a cabo a fabricación dun produto. Hai que ter en conta que as operacións de manutención encaréceno. Isto fai que os problemas de circulación do material teñan unha consideración moi importante xunto aos factores de produción clásicos: man de obra, material e máquinas. Na manutención hai que diferenciar entre a manipulación, que pode efectuarse desde a zona que é posible abastecer sen moverse do lugar, e o transporte interno, que ten unha dimensión fóra da zona de abastecemento e supón unha locomoción. Nun proceso de fabricación débese considerar, en primeiro lugar, se a distribución da maquinaria ten por finalidade establecer liñas de fabricación continuas ou ben agrupar as máquinas segundo as operacións que fan. Nestes dous casos, a mellor distribución, desde o punto de vista da manutención, é aquela que dá un valor mínimo ao produto cantidadedistancia. A unidade de cantidade pode expresarse en peso, en volume, en capacide dun vehículo ou dunha plataforma. Un novo concepto moi relacionado coa manutención é a loxística industrial, que se ocupa da aplicación da manutención aos procesos produtivos.
Sinónimos: mantenza.