"Marsella" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. É autor de cancións, serventesios e tenzóns, e de setenta e dúas coplas morais e satíricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Dobruxa 360? - 432?) Monxe e escritor latino cristián. De nome Johannes Cassianus, iniciouse no monaquismo en Belén, foi monxe en Palestina e, a partir do 385, eremita en Exipto. No 401 marchou a Constantinopla, onde foi ordenado diácono por san Xoán Crisóstomo. Logo de ser este desterrado, refuxiouse en Roma, cidade na que foi elevado ao presbiterado no 405. Finalmente, chegou a Marsella, onde fundou dous mosteiros entre o 413 e o 416: un para homes, o de San Víctor, e outro para monxas. Escribiu De institutis coenobiorum et de octo principalium vitiorum remediis libri XII (As regras cenobiais e os oito principais remedios dos vicios, libro XII), tratado sobre as institucións monásticas que contribuíu ao desenvolvemento do monacato en Occidente, e Collationes XXIV (XXIV Confrontacións), onde se critica a doutrina agustiniana da graza desde a liña teolóxica semipelaxiana. Ambas as dúas obras serviron de base para a composición da súa regra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal e bispo de Toulouse (1205). Coñecido como Folquet, escribiu dezanove composicións. Na súa obra poética amosa unha gran formación latina e un certo coñecemento escolástico, expón os conceptos máis típicos da fin’amors en argumentacións lóxicas, con siloxismos e paradoxos. Dirixía as súas poesías a Afonso I de Catalunya-Aragón, a Guillerme VIII de Montpellier, Ricardo I Corazón de León ou Afonso VIII de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Bouches-du-Rhône e da rexión de Provenza-Alpes--Costa Azul, Francia, situada na costa mediterránea, ao pé dun anfiteatro de outeiros calcarios, no golfo de León (807.071 h [2004]). O aumento das funcións portuarias, unido ao gran desenvolvemento industrial das áreas anexas, impulsou un gran crecemento demográfico. As instalacións industriais máis recentes sitúanse nas áreas suburbanas externas e as principais industrias son as petroquímicas, as do aluminio e as do cemento. Fundada cara a 600 a C polos gregos da Focida co nome de ί, aliouse con Roma na Segunda Guerra Púnica, uniuse a Pompeio durante a Guerra Civil e foi capturada e destruída por César (49 a C). Despois da desaparición do Imperio Romano de Occidente (476) pasou a mans dos visigodos, os burgundios e os francos, ata que en 561 se converteu na saída ao mar do Reino de Borgoña. No s IX, converteuse nun vizcondado vasalo do conde de Provenza,...

    VER O DETALLE DO TERMO