Meteosat
Meteosat
[COSMON]
Sistema europeo de satélites meteorolóxicos xeoestacionais que se destinan a cubrir as necesidades específicas da comunidade meteorolóxica europea. Os seus obxectivos son a obtención de fotografías da Terra cada 30 minutos, a análise das nubes e as análises termométricas, higrométricas, radiométricas e anemométricas. O sistema Meteosat explótao comercialmente o Centro Europeo de Operacións Espaciais (ESOC). O Meteosat-1 foi lanzado pola ESA (European Space Agency) en 1977 e o Meteosat-6 está en órbita desde novembro de 1993.