Meteoros

Meteoros

Grupo de relevos rochosos situados na parte setentrional da chaira de Tessalia, Grecia, ao NO de Tríkala, fronte á cordilleira de Pindos. Orixináronse dunha masa de conglomerados que se formou no Mioceno por deposición deltaica e que no Plioceno e en períodos sucesivos sufriron a acción de fallas, levantamentos e posterior erosión, que lle deron un aspecto característico. Desde o s XIV foron construídos varios mosteiros, dos que destacan o da Transfiguración ou Gran Meteoro, o de Varlaam, o de Rosanni, o da Santísima Trindade ou o de Santo Estevo. Conservan importantes frescos dos ss XIV-XVI, iconas e manuscritos.

Palabras veciñas

meteoroloxía | meteorolóxico -ca | meteoroloxista | Meteoros | Meteosat | meter | Métezeau