Métezeau

Métezeau

Familia de arquitectos franceses dos ss XVI e XVII orixinarios de Dreux. Clément Métezeau (Dreux 1479-1555) fixo a casa consistorial e traballou na igrexa de Saint-Pierre, ambas as dúas en Dreux. O seu neto Louis Métezeau (Dreux 1560-París 1615), arquitecto do rei, fixo a parte superior da Grande Galerie do Louvre e efectuou os planos da Place des Vosges en París. O seu irmán Clément Métezeau (Dreux 1581-París 1652) proxectou a Place Ducale de Charleville, en París, comezou a igrexa do Oratoire e fixo a fachada da de Saint-Gervais e o dique de La Rochelle (1628).