"Martul" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Doutorouse (1980) en Literatura Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid coa tese La novela del mundo guaraní: estruturas económico-sociales (1985). Profesor de literatura hispanoamericana na Universidade de Santiago de Compostela, a súa obra abrangue varios campos da literatura e da cultura. Traduciu obras de autores como Alain Badiou (Rapsodia polo teatro (Breve tratado filosófico), 1993; Beckett. O incansable desexo, 1997; A revolución cultural. A derradeira revolución?, 2003; e Intervencións. Colectánea de textos, 2004), Sylvain Lazarus (Os tres reximes do século, 2002), François Regnault (Espectador e actor, 1995) e Pearse Hutchinson (Achnasheen. Corenta e catro poemas irlandeses, 2002). Colaborador do Ditionary of Literature of the Iberian Peninsula (1992), tamén escribiu, en colaborarición, Xavier Bóveda. Belezas locais, bohemia, aventura emigrante (2002). É membro fundador da Asociación Española de Estudios Literarios (1992) e membro do consello asesor da Serie...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagoga. Xefa do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo Provincial da Deputación de Lugo, publicou Niños (1991) e Sargadelos, un viejo cuento y una gran realidad (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Outeiro de Rei. O máis destacable é a ábsida románica, que conta cun tramo recto e tambor, con bóveda de canón. O arco triunfal, de medio punto e aresta viva, sitúase sobre columnas arrimadas. A capela maior acolle un retablo neogótico, con tallas de san Pedro, san Miguel e san Antón, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Financeiro na Universidade de Santiago de Compostela, foi deputado por UCD (1977-1982), membro do Consello de Europa (1979), director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia (1987-1988) e maxistrado suplente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1993). Vogal do Padroado do Museo do Pobo Galego, das súas obras destacan La descentralización económico-financiera en Alfredo Brañas (1971), Castelao e a facenda galega (1989), Los principios del derecho financiero y tributario en la ley fundamental de Bonn (1991) e Constitución financiera española: veinticinco años (2004).
VER O DETALLE DO TERMO