Uxmal
Uxmal
Antiga cidade maia, situada ao NO da península de Yucatán, México. Fundada cara ao s X, foi un importante centro relixioso. Posteriormente, xunto con Mayapán, formou parte da alianza establecida por Chichén Itzá e desde o s XIII foi dominada por Mayapán. De finais do período clásico (ss VIII-X), é unha das mostras máis perfectas do estilo arquitectónico Puuc. Destacan a Casa del Gobernador, a Casa de las Monjas, a Casa del Adivino, a Casa de las Tortugas e a Casa del Juego de Pelota. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1996).