uz
(< lat ulĭce)
-
s
f
[PLANTA]
Arbusto moi ramoso de ata 4 m de altura con numerosas follas pequenas, estreitas, lineares, glabras e case aciculares; flores numerosas, moi pequenas, olorosas, de cor branca ou rosada e dispostas en panículas piramidais e o froito en cápsula sen pelos. Florece entre marzo e xuño en matogueiras e queirogais. Pódese atopar en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 1.600 m. É moi frecuente nos montes galegos, preto das beiras dos ríos, fundamentalmente na parte oriental de Galicia. Emprégase como planta ornamental e medicinal.
Sinónimos: torga, torgueira, urce. -
uz do monte
[PLANTA]
Planta arbustiva perenne de ata 100 cm de altura, follas de entre 2,5 e 3,5 cm, sésiles e opostas; flores dispostas en acios, tetrámeras e de cor purpúreo e froito de tipo cápsula. Florece entre os meses de xullo e novembro e pode atoparse na zona de monte baixo, en case toda Europa, e tamén en Galicia. Utilízase como diurética e antiséptica.
-
uz pequena
[PLANTA]
Arbusto moi ramoso de ata 2,5 m de altura coas follas lineares dispostas en verticilos de 4-7 mm, flores pentámeras moi pequenas, de cor verdosa ou verde amarelenta dispostas en acios terminais e froito en cápsula que se abre en 4 valvas. Florece en primavera ou verán en matogueiras e bosques aclarados. Pódese atopar en altitudes que van desde o nivel do mar ata os 1.000 m. En Galicia aparece en diversas zonas do centro e do S.
-
uz vermella
[PLANTA]
Arbusto moi ramoso, pubescente, de ata 2 m de altura, con follas lineares de cor verde dispostas en verticilos, flores de cor rosada con corola case tubular, dispostas en panículas terminais. Florece entre xaneiro e maio en queirogais e bosques aclarados.