Uxío/Uxía

Uxío/Uxía
[ONOM]

Antropónimo de orixe grega. A forma masculina deriva de Eughenios, de eu ‘ben, bo’ e genos ‘nacemento, orixe’, co significado de ‘ben nacido, de boa orixe’, a través do latín Eugenius. A forma feminina grega Eughenía, en latín Eugenia, seguramente non procede do nome persoal masculino, é unha formación máis antiga que parte do substantivo abstracto eughéneia, poeticamente eughenía ‘nobreza de nacemento’. Desta forma acentuada no i procede a forma feminina galega; a masculina formouse posiblemente por analoxía con ela. Presenta as variantes Euxenio/Euxenia, Euxeo/Euxea e Oxea.