"Maximino" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • GALICIA

    Eséxeta franciscano. Colaborador nas revistas madrileñas Verdad y Vida e El Universo. Da súa produción literaria destacaVida popular de San Francisco e Estudiando a Jesús. EmManuel. Jesucristo Mesías e Hijo de Dios. Su mensaje. Fuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exerceu no Carballiño como Procurador dos Tribunais. Publicou Imperial Monasterio de Osera. Historia y documentos de esta ilustre casa religiosa (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe histórico que posiblemente gobernou a provincia romana da Gallaecia entre os anos 383 e 388. Nese momento produciuse, trala morte de Prisciliano, unha forte difusión do priscilianismo pola Galia e Hispania, de xeito particular na Gallaecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Historiador. Centrou a súa investigación no mosteiro de Samos. É autor de El monasterio de Samos desde sus orígenes hasta el siglo XI (1981) e Historia del Monasterio de San Julián de Samos (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e teórico da literatura. Profesor titular de Literatura española na Universidade de Vigo, publicou o poemario Memorial de exilio (1994), recompilación de textos escritos nos anos setenta e realizou as antoloxías poéticas O mar na poesía galega (1985), Poetisas galegas do século XX (1987) e América na poesía galega (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Coñecido como o poeta da Mahía, estudiou maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu como ATS en América, onde colaborou en diversas publicacións como Galicia e Opinión gallega. Entre outras obras, publicou: Estampas gallegas (1955), Mi tierra (1962), Del corazón al lector. Poemas, odas e cantares (1968), Os do meu tempo (1971), Frorilexio poético (1987) e Os cabeiros refolgos (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor, actor e director teatral. Coñecido como Maximino Keyzán, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade teatral, que comezou en Santiago, continuou en Vigo, ao abeiro dun importante movemento de teatro afeccionado. En 1967 creou o Teatro Keyzán co que realizou espectáculos como Ligazón (1967), a partir do texto de Valle-Inclán, La excepción y la regla (1967), sobre o texto de Brecht, ou El Diploma (1967), segundo a obra de Luigi Pirandello. Este labor de presentación de autores contemporáneos foi acompañado coa realización de novos espectáculos con textos de Jardiel Poncela, Alejandro Casona, Molière ou Blanco Amor. Outros traballos importantes foron A raposa e as uvas (1985), sobre un texto de Guilherme Figueiredo, Despois de Magruitte (1992), no que partiu da obra de Tom Stoppard, ou La puerta del paraíso (1993), segundo o texto de Miguel Cobaleda. En 1991 dirixiu Así é, se vos parece, espectáculo creado co texto homónimo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse en Santiago, na Sociedade Económica de Amigos del País. De estilo ecléctico, destaca o retablo neogótico (1906) da Capela das Reliquias na catedral de Santiago de Compostela, o de Santa María de Pontevedra e o de Santiago de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do sobrenome (e despois nome) latino Maximinus, derivado de Maximus. Destacan con este nome o Emperador romano Maximino (173-238) e os santos Maximino de Aix, apóstolo fabuloso de Provenza; Maximino de Tréveris (s IV), que se celebra o 29 de maio; e Maximino de Micy (ss V-VI), celebrado 15 decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano, fillo dunha medio irmá de Galerio. Foi adoptado e educado por este e en 305 foi elixido césar confiándoselle as dioceses de Oriente e Exipto. Foi proclamado emperador polos soldados (309) e, trala morte de Galerio, enfrontouse con Licinio polo goberno das provincias orientais. Foi derrotado preto de Adrianópole (313).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Fundou unha abadía en Micy (Francia) e, segundo a lenda, cazou un dragón nunhas cavernas do río Loire. Na súa iconografía vai acompañado dun oso que leva a súa equipaxe. A súa festividae celébrase o 15 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso francés. Foi bispo de Tréveris (332). Presidiu un concilio en Colonia e deu hospitalidade a san Atanasio e a san Paulo. Morreu en Poitiers, pero o seu corpo foi trasladado a Tréveris. A súa festividade celébrase o 29 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Tracio (Tracia 173 - Aquilea 238) Emperador romano (235-238). Despois do asasinato de Alexandre Severo (235) foi aclamado emperador polos soldados. O Senado, aproveitándose da revolta liderada por Gordiano I en África, declarouno inimigo público e enfrontouno con Balbino. Foi traizoado e asasinado polos seus soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e escritor. Coñecido como Máximo Sar, foi cofundador da Ruta Fluvial Jacobea e do Pedrón de Ouro, coordinador do Padroado Rosalía de Castro, creador da Romería Vikinga en Catoira (1969) e membro do Ateneo del Ullán. Foi xuíz de distrito, de primeira instancia e instrución en Granollers e Vilagarcía de Arousa, e maxistrado en Ciudad Real e Pontevedra. Colaborou nos xornais La Noche, Ideal Gallego, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e El Correo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Ordenado sacerdote en 1944, foi bispo auxiliar de Madrid (1964), e bispo de Horta (1964-1968) e de Ávila (1968-1973). En 1973 converteuse en arcebispo de Aemona e en secretario da Sagrada Congregación do Clero, cargo que desempeñou ata o seu retiro (1986). Fundou o Centro de Estudios Universitarios en Madrid, o Colegio Mayor de Guadalupe da Universidad de Madrid (1946) e o Instituto Español de Estudios Eclesiásticos en Roma. Gran chanceler da Universidad de Salamanca, foi investido doutor honoris causa pola mesma en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Foi un innovador no campo das operacións, da difusión das novas metodoloxías biomédicas e da divulgación médica. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1893-1896 e 1898-1900), militou no Partido Liberal e foi senador pola Universidade de Santiago de Compostela (1886-1899). Foi membro e presidente (1870-1871) da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu La terapéutica que se impone (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Presidente do órgano reitor do Produto Galego de Calidade Ternera Gallega, foi xerente de FEIRACO, xerente e secretario da cooperativa de Tapia, xerente de Industrias Lácteas, presidente da Mutualidad Agraria Provincial e concelleiro de Ames. Recibiu o premio da Orden Civil del Mérito Agrícola. Publicou Lembranzas. Una vida en el campo gallego (2001) e Os muíños de Riamontes. Contos da miña aldea (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e director de orquestra. Formado con Ángel Brage no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, con Guillermo González no Conservatorio Superior de Música de Madrid, e con J. Elliot Gardiner e Helmuth Rilling, en 1976 comezou as súas actuacións como solista. Director da capela de música da catedral de Santiago, fundou e dirixiu o Coro Universitario de Santiago (1979-1985). Ademais, foi director invitado da Orquesta de Cámara de Stuttgart, director invitado na Orquesta Nacional de España, director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995), e na posta en marcha da Real Filharmonía de Galicia (1996). Dentro da súa actividade docente, participa na cátedra de Teatro Lírico e Sinfonismo dos cursos universitarios internacionais de Música en Compostela. Colaborou con destacados solistas, como Teresa Berganza, e estreou diversas obras dun amplo repertorio que se estende desde Monteverdi e Bach aos compositores modernos, moitos deles galegos, como Balboa ou Macías. É...

    VER O DETALLE DO TERMO