"Medel" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

    1. Comida lixeira que se toma entre horas.

    2. Reunión entre amigos onde se come en abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rois baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rois. A primitiva igrexa, de orixe románica, estivo situada en Augasantas e no 1719 construíuse a nova no lugar de Sabucedo. Ten planta de cruz latina. Na fachada principal destaca a fornela coa imaxe de san Martiño de Tours e a portada enmarcada polas imaxes de san Pedro e san Paulo. A espadana de dous vans construíuse en 1769.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Autora das series Mass+ó e EN CLAVE DE FA los, protagonizada polos faros das costas galegas, realizou a súa primeira exposición individual en Vigo (1988) e desde entón expuxo en Cangas, Ponteareas, Moaña e Madrid. Entre outras mostras colectivas participou na Bienal Novos Valores de Pontevedra (1985 e 1989) e en diversas convocatorias de Arte no Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega da que unha póla pasou a América. Trae por armas, en campo de prata, unha torre de pedra, superada dunha estrela de azul no centro do xefe, arrimada á torre de dous bastóns de ouro, perfilados de sable, e con bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Foi gardián do convento de San Francisco da Coruña e examinador sinodal na diocese de Santiago de Compostela. Apoiou a loita contra os franceses e defendeu a opción dunha monarquía moderada. Publicou El conquistador y defensor de España, Santiago el Mayor. Oración panegírica que en la iglesia de San Felipe el Real de esta corte, por la Real Congregación de naturales y originarios del nobilísimo Reino de Galicia, pronunció en 25 de julio de 1806 el P. Fr. (1806) e Religión y Constitución hermanadas (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso agostiño. Foi rexente de teoloxía no convento da Coruña. Publicou Panegírico de San Agustín (1787) e Oración fúnebre que en las exequias que celebró el Real Consulado de la Coruña a su augusto fundador el Sr. D. Carlos III, dijo en la parroquia de San Nicolás el R. P. Fr. (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, bañado polo Guadiana preto dos montes de Mérida (2.409 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na pesca e nas industrias derivadas. Destaca o castelo de orixe romana, reconstruído no s XIV, cunha gran torre cadrada e dous recintos divididos por unha muralla, que foi declarado BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Antioquia, situada no NL de Colombia (1.861.265 h [1999]). Atravesada polo río Porce é a segunda cidade do estado e un centro moi importante do comercio de café. Posúe as principais industrias siderometalúrxicas e téxtiles do país. É tradicional a industria dos chapeos de feltro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Medellín ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Medellín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo S da parroquia de Soutochao (Vilardevós). O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO