Medellín
Medellín
Capital do departamento de Antioquia, situada no NL de Colombia (1.861.265 h [1999]). Atravesada polo río Porce é a segunda cidade do estado e un centro moi importante do comercio de café. Posúe as principais industrias siderometalúrxicas e téxtiles do país. É tradicional a industria dos chapeos de feltro.