"Melilla" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade Autónoma de España no Norte de África, situada na parte oriental dunha pequena península, nunha baía entre os cabos Tres Forcas e Agua. Limita co Mar Mediterráneo e cunha franxa neutral de 500 m de anchura que a separa do estado de Marrocos pola parte continental (68.789 h [2001]). Está a 35° 17’ 40’’ de latitude N e 2° 56’ 30’’ de lonxitude O.
    Xeografía
    O seu núcleo primitivo era un illote-fortaleza que domina a chaira onde se ergue a cidade moderna. Ten un clima mediterráneo semiárido, cunha temperatura media anual de 20°C e escasas precipitacións. A poboación é na súa maioría de orixe española, e a única minoría importante é a musulmá. É unha praza militar cunha economía limitada ás necesidades da poboación e cunha mínima dedicación ao turismo. A actividade do porto está vinculada á exportación de produtos marroquís, sobre todo ferro.
    Historia
    A antiga Rusaddir foi unha colonia fenicia desde o s VI a C. Pasou sucesivamente a mans...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de conflitos armados acontecidos en Melilla entre o exército español e as cabilas de Rif, como consecuencia da resistencia destas ao dominio español. O primeiro conflito, coñecido como Guerra de Margallo (1893-1894), produciuse a consecuencia do ataque rifeño aos fortes españois de Sidi-Guariach e Cabrerizas Altas, e rematou coa vitoria española, tras a que se estableceu unha zona neutral adxacente a Melilla. O segundo conflito (1909-1912), librado en Barranco del Lobo, orixinouse a consecuencia dun novo ataque rifeño, esta vez aos obreiros da Compañía Española de Minas del Rif, cando traballaban na liña de ferrocarril de Beni-Bu-Ifrur. A mobilización de reservistas españois desde a quinta de 1903 para a guerra, abriu un   forte foco de resistencia social en Barcelona, que se coñeceu como a Semana Tráxica (1909). Pero as loitas non se interromperon e, tras o establecemento do protectorado español sobre Marrocos (1912), xurdiu un novo conflito armado (1912-1927). Despois de ver...

    VER O DETALLE DO TERMO