"Menes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 24.

  • Rei de Esparta (747? a C), fillo de Teleclo. Rematou a Guerra de Helos e, coa toma da cidade de Anfea no 743 a C, iniciou a de Mesenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego discípulo de Fidias. Segundo Suidas e Tzetzés naceu en Lemnos e, segundo Plinio, en Atenas onde realizou a maior parte das súas obras. A única obra orixinal que se conserva del é o grupo Procne e Itys, que se atopano museo da Acrópole de Atenas. Entre algunhas das súas obras que se perderon están: Atenea e Heracles, no Heracleón de Tebas; Hermes, do que se conserva unha boa copia no museo de Istambul e a Afrodita coñecida co apelativo dos xardíns por estar situada nos xardíns que rodeaban o santuario da deusa en Urania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador da escola naturalista de Mileto e derradeiro representante coñecido dela. Deduciu de observacións empíricas que o principio de todas as cousas era o aire, que por progresiva condensación producía as nubes, a auga e a terra; mentres a súa rarefacción producía o lume. Os seus atributos son a inmensidade, a infinitude e o movemento. É o único ser. Así mesmo, perfeccionou o gnomon de Anaximandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundador mítico da dinastía dos reis persas aqueménidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, situado ao N do río Nalón e de Pola de Laviana (2.285 h [1996]). A capital do concello está na aldea de Martimporra. O municipio ocupa unha chaira intramontana que o converte nun espazo propicio para a práctica agrícola. A súa poboación está bastante espallada. Posúe minas de antracita. Para a transformación da súa produción agropecuaria desenvolveuse un cativo sector industrial alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e historiador. Publicou as novelas Poema trágico del español Gerardo y desengaño del amor lascivo (1615), Historias peregrinas y ejemplares (1623), Varia fortuna del soldado Píndaro (1626) e Historia de Don Felipe IV, rey de las Españas (1631) e Francia engañada, Francia respondida (1635), esta última co pseudónimo de Gerardo Hispano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade xónica de Asia Menor, na costa sur de Esmirna. Forma parte da Confederación Xónica e foi unha activa colonizadora (Abdera, Fanagorea e Tanais).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta (520-490 a C). Membro da dinastía dos Áxidas, buscou a consolidación da hexemonía espartana en Grecia. Á fronte dun exército espartano axudou a expulsar a Hipias de Atenas (510 a C) e mantivo o partido aristocrático ateniense oposto a Clístenes. No ano 500 a C negouse a axudar aos xonios contra os persas. Enfrontado co seu colega Demarato, depúxoo valéndose dun oráculo pero, ao descubrirse a fraude, tivo que exiliarse. Chamado outra vez polos espartanos, toleou e suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta (236-219 a C). Continuou a política do seu predecesor Axis IV, co restablecemento das leis de Licurgo, coa represión do luxo e a imposición dunha férrea disciplina. Ocupouse tamén de reformar o exército e nomeou cidadáns de pleno dereito a 4.000 periecos, entre os que repartiu terras. Envelenou o seu colega e nomeou o seu irmán Euclides para compartir a monarquía. Tentou controlar a Liga Aquea e, logo da vitoria de Megalópolis (227 a C), tomou as cidades de Argos e Corinto (223 a C), pero foi vencido en Selasia (221 a C). Fuxiu a Exipto, onde foi encarcerado por Ptolomeo IV Filopátor e logo suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político macedonio. Secretario de Filipo II de Macedonia e do seu fillo Alexandre o Grande, estivo ao mando da flota do Éufrates e desde o 324 a C da cabalería. Trala morte de Alexandre, foi nomeado sátrapa da Capadocia, Paflagonia e Ponto, e enfrontouse xunto con Perdicas aos xenerais alexandrinos que loitaban pola herencia de Alexandre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pérgamo (263 a C-241 a C). Sucesor do seu tío Filetero, independizou o seu reino do poder seléucida aínda que nunca tomou o título de rei. Durante o seu goberno ampliáronse os territorios do reino e iniciouse un programa de construción de edificios públicos. Foi mecenas do filósofo Arcesilao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pérgamo (197-159 a C), fillo e sucesor de Atalo I. Aliouse con Roma na loita contra Nabis, tirano de Esparta, e contra Antíoco III de Siria, ao que lle proporcionou trala Paz de Apamea (188 a C) os territorios seléucidas en Asia Menor. Entre o 188 a C e o 166 a C enfrontouse aos gálatas, ao rei de Bitinia e ao rei de Ponto. Durante o seu reinado Pérgamo converteuse nun dos principais focos da cultura helenística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal, filla de Martín Afonso Telo de Meneses e de Aldonça de Vasconcelos. Casada con João Lourenço da Cunha, señor de Pombeiro, conseguiu casar en secreto co Rei Fernando I despois de que este lle anulase o matrimonio. Mandou matar a todo aquel que fora un impedimento para as súas intrigas entre os que se atopaban os dous fillos de Inés de Castro, medio irmáns do seu home. Favoreceu con cargos os seus familiares e o seu amante. Cando morreu o seu home, fixo proclamar raíña de Portugal a súa filla Beatriz, casada con Xoán I de Castela, feito que provocou o alzamento do pobo que elixiu a Xoán, fillo natural de Pedro I, que trala vitoria na Batalla de Aljubarrota (1385) se converteu en Xoán I de Portugal. A raíña marchou a Castela, onde intrigou contra o seu xenro Xoán I, quen a encerrou no mosteiro de Tordesillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro faraón da dinastía I (3100 a C). O feito principal do seu reinado foi a unificación, por vez primeira, do Baixo Exipto e do Alto Exipto. Fundou Memfis, onde posiblemente estableceu a súa capital e dirixiu unha campaña contra os libios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo de ouro, cheo. Outra variante leva, en campo de ouro, un castelo de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de B. E. Murillo, e membro (1666-1673) e mordomo (1668-1669) da Academia de Pintura de Sevilla. Rematou os cadros do altar maior da igrexa dos capuchinos de Cádiz, que Murillo deixou sen rematar, e pintou San Felipe Neri adorando a la Virgen e San Cirilo de Alejandría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei mítico de Atenas, fillo de Péteo, descendente de Erecteo. Segundo a Ilíada, foi un dos guerreiros que, despois de esconder o cabalo de madeira, participou no saqueo da cidade de Troia. Posteriormente reinou en Melos cando morreu o Rei Polianacte, e atribúeselle a fundación da colonia de Escilecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guiso feito con diferentes verduras e con anacos de carne ou xamón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Músico medieval que cantaba e bailaba.

    2. Músico ambulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista, segundo conde de Benavente. Aristócrata afeccionado aos libros de historia, aos clásicos e aos temas máis diversos, reuniu unha destacada biblioteca no seu castelo de Benavente.

    VER O DETALLE DO TERMO