Bimenes
Bimenes
Municipio do Principado de Asturias, situado ao N do río Nalón e de Pola de Laviana (2.285 h [1996]). A capital do concello está na aldea de Martimporra. O municipio ocupa unha chaira intramontana que o converte nun espazo propicio para a práctica agrícola. A súa poboación está bastante espallada. Posúe minas de antracita. Para a transformación da súa produción agropecuaria desenvolveuse un cativo sector industrial alimentario.