"Meréns" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cortegada baixo a advocación de san Cibrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Meréns (Cortegada). De planta rectangular, realizouse con materiais pobres, agás o hórreo, que é de granito. Destaca a fachada principal onde se conserva un dos escudos máis grandes de Galicia, con 18 cuarteis e unha coroa condal. Nel están representadas as armas dos Araúxo, Feixoo, Ortigueira, Mosquera, Moscoso, Cisneros, Figueroa, Novoa e Sarmiento. O edificio pertenceu ao conde de Ximonde a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cortegada. Construída no s XX, consagrouse en 1957. Ten cubertas de bóveda de canón de cemento, e retablos barrocos (s XVIII) nos laterais, mentres que o do altar maior data do s XX. A fachada remata cunha espadana de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO